06/11/14

GREGUERÍAS

Hoxe estivemos na clase falando de Gómez de la Serna e as súas greguerías.
Tamén nos animamos a facer algunha. 
Que vos parecen?

  • A cebra é un piano que ornea
  • A estrela fugaz ten unha gran extensión no seu pelo
  • A ra é un saltón de auga
  • As estrelas son as farolas do ceo
  • As bolboretas son paxarelas que voan
  • O piano é unha cebra musical
  • A choiva son as bágoas do ceo
  • O sol é o comandante e os xirasois os seus soldados
  • As follas son os paraugas das formigas
  • O b é un caracol subindo por unha parede
  • As nubes son as almofadas dos paxaros
  • As margaridas son pequenos ventiladores
  • O dous é un parruliño nadando no río dos números
  • O número tres é unha serpe enroscada
  • A choiva é a ducha dos campos
  • O A é a torre eiffel do abecedario
  • O punto do i é a abella que non para de molestar as demáis letras
  • As nubes son os parasoles da terra
  • A U é a sonrisa do abecedario
  • A lúa chea é un queixo
  • O 6 é un 9 facendo o pino