Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Manuel Fraga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Manuel Fraga. Amosar todas as publicacións

05/05/14

O CASTAÑEIRO DE ABRIL

Hoxe tivemos a visita á nosa aula de Antonio Manuel Fraga, autor de "O castañeiro de abril".

Tivemos a oportunidade de falar con él, e "bombardealo" cunha morea de preguntas e dúbidas sobre o seu libro, que por certo nos encantou.

A continuación deixámosvos un vídeo cos cómics que fixemos a partir das historias que Baltasar e o seu inseparable can Barriga Branca viviron ao longo das súas páxinas.

E para despedirnos, un consello..."non deixedes de lelo"


09/12/13

CÓMIC-RESUMO

Seguimos transformando en viñetas de cómic cada cápitulo do libro "O Castañeiro de Abril" de Antonio Manuel Fraga. 
Xa andamos polos capítulos 4 e 5, e seguen as aventuras e desventuras de Baltasar, o neno cego, e do seu can Barriga Branca.












03/12/13

CÓMIC RESUMO

CAPÍTULO 2
Neste capítulo coñecemos a Baltasar, a súa vida e como empezou no negocio da artesanía


CAPÍTULO 3
Neste capítulo coñecemos ás tías de Baltasar, dúas vellas rácanas e crueis que lle fan a vida imposible ao rapaz

25/11/13

CÓMIC RESUMO

Na clase de Lingua Galega de 6º estamos a ler o libro de Antonio Manuel Fraga "O castañeiro de abril". 
Do capítulo 1 fixemos un cómic resumo. 
Neste capítulo, o zapateiro, mellor dito o ciruxán de zapatos, Buto explícanos porque el non se considera unha boa persoa, e promete contarnos a historia que lle sucedeu a Baltasar, o neno cego... 
Que pasará no segundo capítulo?



cómic do capítulo 1 by Slidely Slideshow