Amosando publicacións coa etiqueta xogo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogo. Amosar todas as publicacións

20/10/25

AS GUERRAS NEGRAS

 O alumnado de sexto de primaria comezou unha nova aventura titulada “As Guerras Negras”, un xogo educativo no que se mesturan aprendizaxe, cooperación e fantasía.


Nesta historia, cada grupo de alumnos convértese nun equipo de heroes que debe superar diferentes probas e misións para conseguir uns obxectos máxicos que devolverán o equilibrio ao seu mundo. Cada obxecto está gardado tras un reto que require poñer en práctica o aprendido nas distintas materias: Matemáticas, Lingua Galega, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.


Ao longo do trimestre, os equipos van completando tarefas que lles permiten avanzar na historia, resolver enigmas, crear mapas, debuxos, textos e explicacións científicas. Todo isto recóllese nun caderno de xogo, que serve como guía da súa viaxe e memoria de todo o que van descubriendo.


“As Guerras Negras” é moito máis ca un xogo. É unha forma de aprender de maneira divertida e activa, traballando en grupo, resolvendo problemas reais e desenvolvendo a creatividade. A través da narración, da investigación e do reto compartido, o alumnado vai comprendendo que o coñecemento tamén pode ser unha gran aventura.



PULSA NA IMAXE

24/09/25

ASASINATO NO INTERNADO

 🔔 Atención!


Algo terrible pasou no internado… alguén foi asasinado!
A partir de hoxe, cada mércores aparecerá unha pista secreta na aula.
O voso reto é claro: xuntos, como un único equipo, teredes que analizar, falar e poñervos de acordo para descubrir quen é o culpable.
Non será doado:

  • As primeiras pistas confundiranvos
  • As seguintes darán máis luz
  • E as últimas achegarán a verdade.

🔎 Só con colaboración, intelixencia e atención poderedes resolver o misterio.
Preparados para comezar a investigación?


PULSA NA IMAXE



25/01/24

AS FAMILIAS (Versión IDADE ANTIGA)

 Adaptamos o xogo “As familias” á Idade Antiga. 

Para iso basámonos en catro grandes civilizacións: Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma

As imaxes están feitas por IA, creando previamente os prompt por parte do alumnado



















08/05/20

TRIVIAL DO PAÍS


EXERCICIOS MENTAIS

RETO 1

Partindo do cadro amarelo, vai solucionando mentalmente as sucesivas operacións indicadas en cada casilla ata chegar á que aparece cunha letra, na que tes que poñer o resultado.


RETO 2

Coloca os números que se indican para que a suma dos números de cada línea sexa a mesma.



29/04/20

LÓXICA MATEMÁTICA

RETO 1

Cada cuadro contén un número igual a suma dos dous que ten debaixo. Eres capaz de resolvelo?



RETO 2

Cada letra é un número do 1 ao 5. Resolve a suma