Amosando publicacións coa etiqueta gramática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gramática. Amosar todas as publicacións

19/09/13

FORMACIÓN DO PLURAL

Na vindeira clase de Lingua Galega traballaremos a formación do plural.
Para que non te colla nos "biosbardos" bótalle unha ollada a seguinte información (pode serche de utilidade)


REGRAS DE FORMACIÓN DO PLURAL

Engádese -s
     Se en singular as palabras rematan en vogal, ditongo ou consoante que non sexa -r, -s, -z ou -l: cadro/cadros, bailarín/bailaríns

Engádese -es
     Ás agudas que rematan en -s en singular: compás/compases
     Se os substantivos rematan en -r ou -z: xogador/xogadores, nariz/narices
     Cando en singular rematen en -l e son monosílabas ou graves: ril/riles, fácil/faciles

Cámbiase o -l por -is
     Se rematan en -l e son palabras agudas non monosílabas: madil/madís

Permanecen invariables
     As graves ou esdrúxulas rematadas en -s e tódalas rematadas en -x: o lapis/os lapis  o fax/os faxe

17/09/13

FORMACIÓN DO FEMININO

Mañá, en clases, imos ver como se forma o feminino en galego.... Lémbraste?
Mellor, vaille botando unha ollada ao que vimos o curso pasado:


REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO

. Masculino rematado en -o ou en -e átonos
     Substitúen o vogal final por -a: fillo/filla, xefe/xefa

. Masculino rematado en -eu
     Fan o feminino en -ía: xudeu/xudía

. Masculino rematado en vogal tónica
     Engaden un -a: avó/avoa

. Masculino rematado en consoante distinta de -n
     Engaden un -a: deus/deusa, profesor/profesora

. Masculino rematado en -ón
     Fan o feminino en -oa ou en -ona: león/leona-leoa, patrón/patroa

. Masculino rematado en -án
     Fan o feminino en -á ou en -ana: capitán/capitá, folgazán/folgazana

. Hai palabras que forman o femenino con outras completamente distintas: home/muller, boi/vaca

. Son masculinas: 
           o nome das letras, o leite, o nariz, o cárcere, o mel, o sangue, o sal, o costume, o sinal, o berce

. Son femininas: 
           as palabras rematadas en -se: a analise
           as palabras rematadas en -axe: a paisaxe. Excepto paxe, traxe e garaxe
           a ponte, a dor, a calor, a árbore, a orde, a cor, a pantasma, a auga...