17/09/13

FORMACIÓN DO FEMININO

Mañá, en clases, imos ver como se forma o feminino en galego.... Lémbraste?
Mellor, vaille botando unha ollada ao que vimos o curso pasado:


REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO

. Masculino rematado en -o ou en -e átonos
     Substitúen o vogal final por -afillo/filla, xefe/xefa

. Masculino rematado en -eu
     Fan o feminino en -íaxudeu/xudía

. Masculino rematado en vogal tónica
     Engaden un -aavó/avoa

. Masculino rematado en consoante distinta de -n
     Engaden un -adeus/deusa, profesor/profesora

. Masculino rematado en -ón
     Fan o feminino en -oa ou en -onaleón/leona-leoa, patrón/patroa

. Masculino rematado en -án
     Fan o feminino en  ou en -anacapitán/capitá, folgazán/folgazana

. Hai palabras que forman o femenino con outras completamente distintashome/muller, boi/vaca

. Son masculinas: 
           o nome das letras, o leite, o nariz, o cárcere, o mel, o sangue, o sal, o costume, o sinal, o berce

. Son femininas: 
           as palabras rematadas en -se: a analise
           as palabras rematadas en -axe: a paisaxe. Excepto paxe, traxe e garaxe
           a ponte, a dor, a calor, a árbore, a orde, a cor, a pantasma, a auga...