- Inicio
- dicionario en movemento
- VIVES NA ONDA
- SIN SON
- vivir do conto
- eu tamén merezo unha rúa
- Tour por Europa
- Postais de Samaín
- bookflix
- visita ourense
- EUROGRAMERS
- un libro pola cara
- HISTAGRAM
- TBOrtográfico
- a historia, de vagar
- xeroglíficos xeográficos
- o torque de Lugh
- a historia é feminina
- xogamos
- ortocómic
- TV de vagar
- vídeoproblemas
- RAPrehistoria
- galego para dummies
Amosando publicacións coa etiqueta til b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta til b>. Amosar todas as publicacións
14/03/22
10/10/16
12/11/13
CASOS ESPECIAIS DE ACENTUACIÓN
Seguimos coa acentuación gráfica. Hoxe imos falar de ditongos e hiatos
ACENTUACIÓN GRÁFICA EN DITONGOS
O ditongo é o encontro de dúas vagoais na mesma sílaba: piano (pia-no)
Os ditongos levan acento gráfico segundo as regras xerais de acentuación. O acento gráfico sitúase sempre na vogal aberta (a, e, o).
ancián (aguda)
piano (grave)
diálogo (esdrúxula)
Excepción:
Non levan acento gráfico as palabras agudas rematadas en ditongo decrecente: vogal aberta (a, e, o) + vogal pechada (i, u); ou dúas vogais pechadas (i, u).
adeus (aguda)
viviu (aguda)
ACENTUACIÓN GRÁFICA EN HIATOS
O hiato é o encontro de dúas vogais en sílabas distintas: océano (o-cé-a-no)
Os hiatos formados por dúas vogais abertas (a, e, o) acentúanse seguindo as regras xerais de acentuación.
océano (esdrúxula)
faraón (aguda)
Os hiatos formados por unha vogal aberta (a, e, o) átona e outra pechada (i, u) tónica levan acento gráfico na vogal pechada tónica (aínda en contra das regras xerais de acentuación):
alegría (grave)
baúl (aguda)
Os hiatos formados por dúas vogais pechadas (i, u), sendo a segunda tónica, levan acento gráfico na segunda vogal (aínda en contra das regras xerais de acentuación)
muíño (grave)
posuír (aguda)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)