Amosando publicacións coa etiqueta reprodución. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reprodución. Amosar todas as publicacións

26/09/13

REPRODUCIÓN HUMANA

Despois de informarnos sobre os órganos reprodutores masculino e feminino, e os diferentes caracteres sexuais secundarios, chegoulle o turno ao embarazo. Que nos podes dicir disto?
Investiga no fin de semana, o luns faremos unha posta en común de todo o material que xuntemos.
Bótalle unha ollada a estes vídeos, pode que che sexan de axuda.


El embarazo




24/09/13

CÓMIC RESUMO

Despois da discusión e posta en común das diferentes ideas e documentación que recopilamos sobre a reprodución sexual, fixemos un cómic resumo.
Aquí vos deixamos algunhas mostras






22/09/13

A SEGUNDA LEI DE MENDEL

Na última clase de Coñecemento do Medio, cando estabamos a falar de que os descendentes, na reprodución sexual, teñen características dos dous proxenitores, pero non son iguais, senon parecidos, xurdiu o tema de por qué eu teño os ollos verdes, se os meus pais os teñen marróns? 
Foi aquí cando falamos de Mendel e das súas leis.
Aquí vos deixo un vídeo que pode axudarvos a entendelo mellor.


19/09/13

CÓMIC-RESUMO DA REPRODUCIÓN ASEXUAL

Despois de documentarnos na casa, e de intercambiar información na clase, fixemos unha posta en común das ideas principais sobre a "reprodución asexual" e plasmámolas nun resumo, que este ano ten unha novidade, é en CÓMIC... mola!
A continuación compartimos algúns... esperamos que vos gusten!






17/09/13

REPRODUCIÓN ASEXUAL

No primeiro tema de Coñecemento do Medio fálannos da "reprodución asexual".

Hoxe estivemos na clase lendo algunha cousa, e quedamos en documentarnos máis.

Espero que este vídeo vos poida axudar.