Amosando publicacións coa etiqueta galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galego. Amosar todas as publicacións

21/11/25

BRASIL

 Alba e Rafaela, alumnas de sexto de Primaria, anímannos a viaxar ata Brasil, e a disfrutar da súa natureza, a súa comida, as súas praias, deportes e a súa cultura.

Esperámoste!!!!!

24/09/25

ASASINATO NO INTERNADO

 🔔 Atención!


Algo terrible pasou no internado… alguén foi asasinado!
A partir de hoxe, cada mércores aparecerá unha pista secreta na aula.
O voso reto é claro: xuntos, como un único equipo, teredes que analizar, falar e poñervos de acordo para descubrir quen é o culpable.
Non será doado:

  • As primeiras pistas confundiranvos
  • As seguintes darán máis luz
  • E as últimas achegarán a verdade.

🔎 Só con colaboración, intelixencia e atención poderedes resolver o misterio.
Preparados para comezar a investigación?


PULSA NA IMAXE



18/01/25

O CAOS DAS CRIATURAS MÁXICAS

 Dentro da actividade “Que pasaría si?…” da formación das JIPAtq2025, xurdiu un xogo de rol.

Aqui tendes unha pequena explicición do seu funcionamento.

Esperamos que vos guste



10/01/25

ANO CASTELAO: Panchito, un negro de aldea

 Empezamos as nosas homenaxes a Castelao neste 2025, o seu ano, coa adaptación que varias alumnas e alumnos de sexto fixeron do seu conto "Panchito, un negro de aldea" do seu libro Cousas. Esperamos que vos guste!



19/12/24

CONTO DE NADAL

 O alumnado de sexto cóntannos un CONTO DE NADAL, con raíces e identidade galega. Esperamos que vos guste. Aproveitamos para desexarvos a todas e a todos BO NADAL E FELIZ ANO NOVO


10/12/24

09/12/24

SI…DIGHAME??

Resolvemos as dúbidas que teñades da nosa lingua por teléfono. 

CHAMADE!!!!! 



Hecho con Padlet

15/11/24

OS DEREITOS DA INFANCIA

 Programa especial sobre os DEREITOS DA INFANCIA. O alumnado de sexto de primaria fálanos dos dereitos que teñen os nenos e nenas