Amosando publicacións coa etiqueta El Greco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta El Greco. Amosar todas as publicacións

03/06/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XXV: A PRIMAVERA

No meu dormiñar mañanceiro, enfastíame unha endiañada gritaría de picariños. Por fin, sen poder dormir máis, bótome, desesperado, do leito. É daquela cando me decato, ó mira-lo campo pola fiestra aberta, de que o barullo, ven dos paxaros...


29/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XXIV: DON XOSÉ, O CREGO

Xa, Platero, vai unxido e falando melosiño. Aínda que, na realidade, a que sempre é anxélixa é a súa burra, a señora.
Coido que xa o tes visto algún día, na súa horta, calzóns de mariñeiro, sombreiro ancho, ceibando palabrotas e croios contra dos rillostes que viñan a lle roubar as laranxas.

28/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XXIII: A CANCELA CHOIDA

Sempre que íamos para a adega do Diezmo eu daba a volta rentes da parede da rúa de San Antón, e viña dar onde a cancela choída que dá para o campo. Puña a miña faciana contra dos ferros e guichaba, para dereita e para esquerda, sacando os ollos aceiantes, todo canto a miña vista podía acadar...

26/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XXII: RETORNO

Viñamo-los dous, carregados, dos montes: Platero de "almoraduj"; eu de lirios amarelos.
Caía o serán de Abril. Todo o que no poente tiña sido cristal de ouro era logo cristal de prata...


16/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XXI: A AZOTEIA

...Ti, Platero, aínda non tés subido enxamáis á azoteia. Non podes, daquela, saber que fonda respiración anchea o peito cando, ó saires a ela, desde a escadeiriña escura de madeira...


13/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XX: O LORO

Estabamos a enredar con Platero e co loro, na horta do meu amigo, o médico francés, cando unha muller moza, desordeada e anceiante, chegou, costa abaixo, onda nós.

09/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XVIII: O PANTASMA

...Enxamáis esquecerei, Platero, aquela noite de setembro. A treboada petaba enriba do pobo, facía unha hora, tal que un corazón ruín, descargando auga e corisco, entre a adoecida insistencia do lóstrego e do trono...






CAPÍTULO XIX: PAISAXE GRANA

...Co seu fulgor, o piñeiral verde tórnase acedo, lenemente encandescido; e as herbas e as floriñas, acendidas e traslucentes, embalsaman o instante sereo dunha esencia mollada, penetrante e luminosa...

07/05/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XVII: O NENO BABECO

...Cantaba un paxaro no solitario umbral e lembreime de Curros (1), pai máis que poeta que, cando se quedou sin o seu neno, preguntáballe por el á bolboreta galega:
"Bolboreta de aliñas douradas..."

(1) CURROS ENRIQUEZ: poeta galego, nado en Celanova, que Juan Ramón Jiménez descubriu ao mesmo tempo que á tamén poeta galega Rosalía de Castro


30/04/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XIV: A CORTE
Diana que está deitada entre as patas de Platero vense onda min, bailarina, e ponme as súas mans no peito arelando laberne a boca coa súa lingua rosa...



CAPÍTULO XV: O POLDRO CAPADO
...Era negro, con tornasoles granas, verdes e azuis, todos de prata, tal que os escaravellos e os corvos...




CAPÍTULO XVI: A CASA DE ENFRENTE
...As tardes claras, as sestas de choiva, a cada cambio lene de cada día ou de cada hora, que interés, que atraemento tan extraordinario desde de miña fiestra...

22/04/14

GREQUEANDO A PLATERO

CAPÍTULO XI: O MORREDOIRO

Ti vive tranquilo, Platero. Eu enterrareiche ao pé dun piñeiro grande e redondo da horta da Piña, que a ti tanto che gosta. Estarás á beira da vida leda e serea...



CAPÍTULO XII: A PÚA

Platero deixoume a man derieta un pouco erguida, amosándome a rachiña, sen forza e sen peso, sen tocar case co casco na area ardente do camiño...



CAPÍTULO XIII: ANDURIÑAS

Xa están aquí, Platero, as anduriñas e case que nin se lles oe tal que outros anos, cando no primeiro día, en chegando, saúdan e curioseando todo, latricando sen apouso no seu rizado rechouchío...