CAPÍTULO XXV: A PRIMAVERA
No meu dormiñar mañanceiro, enfastíame unha endiañada gritaría de picariños. Por fin, sen poder dormir máis, bótome, desesperado, do leito. É daquela cando me decato, ó mira-lo campo pola fiestra aberta, de que o barullo, ven dos paxaros...