Amosando publicacións coa etiqueta lóxica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lóxica. Amosar todas as publicacións

18/05/20

EXERCICIOS PARA A MENTE

RETO 1
A suma de cada fila e columna é o número que está ao marxe. Podes averiguar o valor de cada símbolo?


RETO 2

Coloca os números da dereita de maneira que as cifras de cada círculo laranxa sumen o mesmo


15/05/20

ACTIVANDO A MENTE

RETO 1

Cal destas figuras contén mais triángulos?
Os triángulos poden ser de diferentes medidas e superpoñerse.


RETO 2
Percorre o recorrido sen pasar dúas veces polo mesmo sitio e sen retroceder, e suma 35 puntos.



13/05/20

EXERCICIOS PARA A MENTE

RETO 1

Fíxate na relación que hai na primeira fila. Que números irán nos espazos vacíos?


RETO 2
Podes substituír cada bóla polo signo correspondente para que se cumpran as igualdades. Se hai máis dun signo escolle o que mellor che conveña.



12/05/20

ACTIVA A TÚA MENTE

RETO 1
Unha familia foi de vacacións a Lisboa. Marcou no mapa unha ruta cos sitios a visitar, pero liaronse un pouco. Podes axudalos a atopar o itinerario saíndo do hotel, que se atopa na letra A, e volvendo a el, pasando só unha vez por cada un dos lugares a visitar e seguindo sempre o camiño vermello?


RETO 2
Hai tres figuras iguais á A. Atópaas. Pensa que poden estar xiradas


11/05/20

ACTIVA A MENTE

RETO 1

Os triángulos laranxas conteñen números entre o 1 e o 9. Os verdes, números entre o 10 e o 19. Os que teñen un círculo conteñen números pares.
Segundo isto, coloca os números para que as sumas de líneas de triángulos sexa a que está na marxe.


RETO 2

Que número continúa a serie?

a.-  21 - 18 - 15 - 12 - ¿?

b.- 8 - 12 - 16 - 20 - ¿?

c.- 18 - 21 - 24 - 27 - ¿?

d.- 9 - 36 - 144 - 576 - ¿?

e.- 3 - 6 - 12 - 24 - ¿?

08/05/20

EXERCICIOS MENTAIS

RETO 1

Partindo do cadro amarelo, vai solucionando mentalmente as sucesivas operacións indicadas en cada casilla ata chegar á que aparece cunha letra, na que tes que poñer o resultado.


RETO 2

Coloca os números que se indican para que a suma dos números de cada línea sexa a mesma.



06/05/20

EXERCITA A MENTE

RETO 1

Coloca as fichas de maneira que os puntos sumen as cantidades sinaladas a ambas marxes


RETO 2

Partindo do vértice superior esquerdo atopa o camiño para saír polo vértice inferior dereito


05/05/20

ACTIVIDADES PARA EXERCITAR A MENTE

RETO 1

A partir dos números que hai na esquerda debes conseguir a cifra final da dereita; para iso, utiliza a suma, a resta, a multiplicación e a división. Tes que utilizar todos os números.


RETO 2

De que horas partimos nos reloxos da esquerda para que ao sumarlle os minutos indicados dé como resultado os reloxos da dereita?


04/05/20

EXERCICIOS PARA ACTIVAR A MENTE

RETO 1

Na seguinte serie, que letra sobra? Por que?


RETO 2

Coloca os números nos espazos azuis de maneira que as cifras de cada círculo sumen o mesmo





01/05/20

ACTIVA A MENTE

RETO 1
Empeza polo punto que marca a flecha e atopa o camiño de saída sumando os puntos dos círculos polos que vas pasando. Podes chegar a saída sen retroceder e sumar 25 puntos?



RETO 2

Seguindo a clave da esquerda resolve o exercicio. Se hai dúas operacións podes elexir unha delas




29/04/20

LÓXICA MATEMÁTICA

RETO 1

Cada cuadro contén un número igual a suma dos dous que ten debaixo. Eres capaz de resolvelo?



RETO 2

Cada letra é un número do 1 ao 5. Resolve a suma



28/04/20

ENTRENAMENTO MENTAL

RETO

Busca as seguintes matrículas:
1.- Repítese
2.- A suma das súas cifras é 35
3.- Empeza por 36
4.- Ten o  número máis alto
5.- Pide socorro
6.- A suma das súas dúas primeiras cifras mais as dúas últimas é 74
7.- Repítese catro veces
8.- Ten unhas letras que non aparecen nas demais


27/04/20

EXERCICIOS PARA A MENTE

RETO 1

Arriba tes a chave da cidade, que curiosamente ten o perfil desta, cos seus edificios e formas. Abaixo tes seis posibles liñas do ceo, pero so unha coincide coa chave. Podes descubrir cal é?


RETO 2

Utilizando a suma, resta, multiplicación e división, cos números da esquerda (utilizando todos) obtén o resultado da dereita 

40  2  17  10  25                         305


22/04/20

ACTIVA A MENTE

RETO 1

Que letra falta nesta serie?



RETO 2
Debes recorrer o circuito no sentido marcado polas flechas, partindo da cifra do cadro amarelo, e ir solucionando mentalmente as sucesivas operacións indicadas en cada cadro ata chegar á que aparece cunha letra, na que tes que decir o resultado.


17/04/20

MENTE ACTIVA

RETO 1

Tendo en conta que dúas cifras inferiores suman a cifra superior, eres capaz de resolver esta pirámide?


RETO 2

Podes atopar o nome de dez froitas nesta sopa de letras?


03/04/20

ACTIVAMOS A MENTE.

RETO 1

Cal das pirámides A, B ou C pode construirse utilizando a figura desplegada?



RETO 2
Atopa as tres figuras iguais á A. Pensa que poden estar xiradas.





02/04/20

ACTIVA A TÚA MENTE. Exercicios

RETO 1

Trata de completar as casillas tendo en conta que o número que aparece na casilla negra é a suma dos números dunha fila ou dunha columna. 
Tes que poñer números do 1 ao 9 e non pode repetirse o número nunha mesma fila nin nunha mesma columna.


RETO 2

A partir dos números que hai á esquerda debes conseguir a cifra da dereita; para iso, utiliza a suma, a resta, a multiplicación ou a división. Tes que utilizar todos os números

12      5      7       4       100                                   692



01/04/20

A CABEZA NON PARA

RETO 1

Cal destes reloxos marca a hora exacta, sabendo que un deles vai 5 minutos adiantado, o outro leva 5 de retraso e o outro vai adiantado 15 minutos?


RETO 2
Elimina tres dados, un de cada columna e da mesma cor, para conseguir que o resultado da suma dos puntos dos dados que quedan en cada columna sexa igual. De que cor son os dados que debes eliminar?



31/03/20

ACTIVA A MENTE. Exercicios

RETO 1

Accede ao laberinto pola entrada marcada pola flecha e atopa o camiño de saída sumando os puntos dos círculos polos que pasas.
Podes chegar a saída sen retroceder e sumando 23 puntos?



RETO 2

Fíxate nos dous conxuntos de fichas e, a simple vista sen sumalos, di cal dos dous ten mais puntos. Comproba se acertaches.





30/03/20

LÓXICA MATEMÁTICA... Activamos a mente

RETO 1

Ordenamos os números que aparecen a continuación de forma que os que coloquemos na última fila sexa igual á suma dos que teñen por riba.



RETO 2

Seguindo a clave da esquerda, resolve o reto 
(cando unha bóla ten dúas operacións, podes elexir unha ou a outra)