Na vindeira clase de Lingua Galega traballaremos a formación do plural.
Para que non te colla nos "biosbardos" bótalle unha ollada a seguinte información (pode serche de utilidade)
REGRAS DE FORMACIÓN DO PLURAL
Engádese -s
Se en singular as palabras rematan en vogal, ditongo ou consoante que non sexa -r, -s, -z ou -l: cadro/cadros, bailarín/bailaríns
Engádese -es
Ás agudas que rematan en -s en singular: compás/compases
Se os substantivos rematan en -r ou -z: xogador/xogadores, nariz/narices
Cando en singular rematen en -l e son monosílabas ou graves: ril/riles, fácil/faciles
Cámbiase o -l por -is
Se rematan en -l e son palabras agudas non monosílabas: madil/madís
Permanecen invariables
As graves ou esdrúxulas rematadas en -s e tódalas rematadas en -x: o lapis/os lapis o fax/os faxe