O alumnado de sexto de primaria comezou unha nova aventura titulada “As Guerras Negras”, un xogo educativo no que se mesturan aprendizaxe, cooperación e fantasía.
Nesta historia, cada grupo de alumnos convértese nun equipo de heroes que debe superar diferentes probas e misións para conseguir uns obxectos máxicos que devolverán o equilibrio ao seu mundo. Cada obxecto está gardado tras un reto que require poñer en práctica o aprendido nas distintas materias: Matemáticas, Lingua Galega, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
Ao longo do trimestre, os equipos van completando tarefas que lles permiten avanzar na historia, resolver enigmas, crear mapas, debuxos, textos e explicacións científicas. Todo isto recóllese nun caderno de xogo, que serve como guía da súa viaxe e memoria de todo o que van descubriendo.
“As Guerras Negras” é moito máis ca un xogo. É unha forma de aprender de maneira divertida e activa, traballando en grupo, resolvendo problemas reais e desenvolvendo a creatividade. A través da narración, da investigación e do reto compartido, o alumnado vai comprendendo que o coñecemento tamén pode ser unha gran aventura.