PROBA 1
Á cifra 1000, súmalle 40. Despois, súmalle 1000 mais.
Agrégalle 30 e novamente 1000
Súmalle 20. Súmalle 1000 e angádelle 10
Axiña... Cal é o resultado?
5000? Si?, nese caso necesitas urxentemente facer exercicios de cálculo. Revisa de novo as túas operacións máis lentamente e comprobarás o erro.
PROBA 2
Érgueste normalmente ás 6 da mañá e, antes de entrar a traballar ás 7:30, empregas o teu tempo do seguinte modo: 25 minutos para almorzar, 20 minutos para sacar ao can, 15 para ducharte e o resto para desprazarte ao lugar de traballo. Hoxe quedácheste dormido 20 minutos, ¿chegarás a tempo ao traballo tendo en conta que non almorzarás e que hoxe vas tardar 30 minutos en chegar á oficina?