Non fai falla dedicarlle moito tempo para ver que non so hai diferenzas entre homes e mulleres no ámbito laboral ou social, tamén as hai no rueiro da cidade. Chegan uns minutos de observación dun mapa de Ourense (e atrevémonos a decir, de calquera cidade) para darse conta de que hai moitas máis rúas "masculinas" que "femininas"; incluso hai máis rúas dedicadas a "nomes comúns", como por exemplo: "rúa das flores" ou "avenida da liberdade", que a mulleres.
Xa vai sendo hora de que isto cambie. Que a muller adquira xa o seu papel protagonista tanto no traballo, como na sociedade, como nos mapas das cidades.
E onde empezar mellor que na rúa do noso propio colexio. Queremos estudar nunha rúa con nome de muller, e quen mellor que ANTONIA FERRÍN, licenciada en químicas, farmacia e matemáticas e que traballou de mestra de escola, de instituto e de universidade. Pero sobre todo ASTRÓNOMA, contadora de estrelas, destacada investigadora, e a primeira muller en defender unha tese de astronomía en España, e un referente para as nenas e mulleres actuais.
Podes saber máis sobre ela e sobre o proxecto "EU TAMÉN MEREZO UNHA RÚA" aquí: