21/09/13

CURIOSIDADES DO IDIOMA

Vimos que o galego é unha lingua que provén do latín, polo tanto considerámola unha lingua romance o románica, igual que o francés, catalán, italiano, portugués, castelán ou rumano.
Pero non todas as palabras que temos no noso idioma proveñen do latín.
Hai algunhas palabras que se conservan da lingua que se falaba en Gallaecia antes da chegada dos romanos, como por exemplo: carqueixa, morea, bugallo, beizo, berce, billa, bugallo, tona, xouba...
Outras viñeron cos pobos xermánicos que invadiron a Península no século V, xa sabes que en Galicia asentáronse os suevos. Palabras como, por exemplo: agasallo, estaca, rapar, sopa, xabón, Adolfo, Afonso, Alariz, Rodrigo...
Outra serie de palabras chegaron a Galicia procedentes do árabe, a través do portugués ou do castelán, verbas como, por exemplo: aceite, alforxa, laranxa, acelga, alcachofa, alcalde, alfombra, algodón, arroz, atún, cenoria, limón...

Na vindeira clase de Lingua Galega traballaremos con elas. Sabes o significado de todas?
Deixoche aqui dous enlaces por se queres consultalas. Tamén podes utilizar o traductor de google.